Os requisitos educativos para o acceso e a formación continuada dos auditores

oleh: José A. Gonzalo Angulo

Format: Article
Diterbitkan: Universidade de Santiago de Compostela 2013-06-01

Deskripsi

A formación do auditor nas súas dúas vertentes, para o acceso e a formación continuada, experimentou importantes cambios tras a aprobación das modificacións da Lei de auditoría no ano 2010 e do Regulamento que a desenvolve no ano 2011. Neste artigo analízanse estes cambios, destacando a súa razón de ser e, de ser o caso, o efecto que poden ter na consecución do interese público que debe perseguir a actividade de auditoría de contas. En particular coméntanse algunhas das decisións máis controvertidas, como esixir que os candidatos que queiran ser dispensados da primeira fase do exame cursen as materias dentro dun máster oficial universitario, que os anos de formación práctica con auditor foran regulados en detalle e transformados en horas de traballo e que a fase práctica do exame supoña enfrontar o candidato a unha simulación o máis fiel posible de situacións de traballo, incluíndo problemas éticos. Polo que se refire á formación continuada, desenvolveuse a obriga establecida pola Lei de auditoría hai dez anos de esixir unha media de 40 horas/ano a cada auditor, pero existen dúbidas sobre a capacidade de esixencia de cumprimento que serán despregadas polas corporacións profesionais para axudar ao control por parte do supervisor público da actividade.